Skip to main content

Deseño duradeiro

O equipo está fabricado integramente en aceiro inoxidable AISI 316, cun espesor nominal de 8 mm en todos os seus elementos principais estruturais.
Os elementos móbiles, como as portas de acceso, están dotados dun eixe de 30 mm de diámetro, o que confire unha gran solidez e durabilidade durante a súa longa vida útil.
A calidade das soldaduras garante a estanquidade fronte aos axentes atmosféricos; ademais, dispón dunha viseira frontal que protexe aínda máis a zona das embocaduras.

Embocaduras en fundición de aluminio

As embocaduras, dispoñibles en 3 tamaños, van desde os 160 mm ata os 365 mm de diámetro, deseñadas para facilitar ao usuario o depósito dos residuos, distribuídas en función de cada fracción.

As trampillas que protexen estas embocaduras son de aluminio, pola súa lixeireza, e ademais son lisas sen ningún tipo de elemento cortante, o que evita enganches ou rozamentos.

O equipo está dotado de ata 14 fraccións de capacidade, indo desde os 45 litros para os residuos máis pequenos (como pilas e baterías), ata os 120 litros para os residuos máis voluminosos (por exemplo, pequeno electrodoméstico ou téxtil). Para os tubos fluorescentes, conta con 2 contedores especiais que permiten aloxar ata 80 unidades de 1.200 mm de longo, de xeito seguro grazas ao acolchado integrado.

Triplo sistema antirroubo e contra o vandalismo

A seguridade é algo crítico neste tipo de equipamento. Por iso, o punto limpo core.one conta cun sistema triplo:

• As pechaduras están protexidas por un escudo de seguridade de aceiro inoxidable, que evita actos de vandalismo na pechadura.

• Estas pechaduras de alta seguridade fixan as portas en 3 puntos.

• Para os residuos, todas as fraccións dispoñen de sistema antirroubo que ocultan da vista os residuos e evita a súa retirada.

Modularidade

Cos seus 3 módulos diferentes, permite crear illas de reciclaxe adaptadas ás necesidades de cada zona.

Sostibilidade

Os materiais empregados para a fabricación do equipo foron coidadosamente seleccionados para garantir a máxima economía circular posible, facendo que os aceiros teñan unha porcentaxe de 86% de material reciclado, e no caso dos compoñentes de aluminio un 100% de material reciclado.

Uso intelixente do espazo

O deseño optimizouse para maximizar a súa capacidade e rendibilizar o espazo que ocupa na vía pública. Un total de 14 fraccións ofrecen 1.026 litros de capacidade, acadando unha capacidade por superficie ocupada de 267 litros/m2.

Accesibilidade universal

Comprensible e usable por todas as persoas.

Pensado para ser inclusivo, Core One cumpre con criterios de accesibilidade cognitiva e física: todas as bocas de achega están por debaixo de 1,2 metros.

Pictogramas deseñados segundo as pautas de accesibilidade urbana (Fundación ONCE).

Etiquetado en Braille para todas as fraccións.

Mantemento e adaptabilidade

As portas de gran tamaño permiten un acceso cómodo ao interior, e os contedores interiores están guiados mediante pestanas e encaixados na súa posición, de maneira que se garante o seu correcto posicionamento de xeito fácil polos operarios.

En caso de dano, os recambios necesarios son elementos comerciais e de baixo custo, co que é un produto cun impacto no custo de mantemento moi baixo.

O acabado superficial inclúe un tratamento anti-grafiti, o que permite retirar pintadas sen usar disolventes agresivos. Isto é mellor para o operario, que non está exposto a elementos tóxicos, e mellor para a durabilidade do material. Ademais, o acabado texturizado da súa superficie facilita a eliminación de manchas.

O deseño das súas embocaduras permite substituír ou cambiar fraccións de xeito moi sinxelo, permitindo campañas específicas, aumento de capacidade ou a incorporación de novas fraccións.

Especificacións técnicas

Dimensións xerais

Embocaduras

Materiais exteriores

Aceiro inoxidable AISI 316 de 8mm lacado en cor RAL personalizable.
Bisagra e pechadura en aceiro inoxidable.
Bocas en aluminio.

Materiais interiores

Chapa de aceiro inoxidable AISI 316.
Contedores de plástico de carga traseira segundo norma UNE 840.
Contedores metálicos.

Queres máis información?

Contacta connosco