Ao ser un produto para interior, elixiuse unha estrutura interna de madeiras sostibles.
O exterior está tapizado en tecidos cunha alta porcentaxe de material reciclado.
O frontal está realizado nun composto de cuarzo especial: Krion. Este material non só é antibacteriano, senón que absorbe partículas contaminantes do ambiente.
Modularidade
Nos casos en que se queira separar diferentes fraccións, como calzado, complementos ou roupa infantil, o sistema modular permite crear illas de recollida mantendo o mesmo deseño.
Tecnoloxía
Cada equipo inclúe apertura mediante tarxeta contactless para o persoal de mantemento.
Tamén dispón dun sistema completo de sensores que permiten conectalo con aplicacións móbiles de xeito que se pode integrar un sistema de recompensas aos usuarios que acheguen prendas para reciclar.
Personalización
A personalización é máxima: pódese elixir o tecido exterior dunha ampla gama de tecidos reciclados, e a superficie lisa e branca do frontal permite usos de comunicación divulgativa, promocional ou corporativa, mediante impresión directa sobre o material (sen vinilos adhesivos).
Posúe unha iluminación na zona da embocadura para facelo máis accesible.





