Skip to main content

Deseño atemporal

Cunha silueta suave e discreta, os módulos de Modular X combínanse formando secuencias orgánicas que evocan a vitalidade da cidade.

O seu deseño atemporal non só embelece a contorna, senón que se adapta con naturalidade a distintos estilos arquitectónicos e de mobiliario urbano.

Desarrollamos dous modelos­ 120 e 240- completamente combinables. O seu deseño permite configuracións en liña, en esquina, ou como illa, adaptándose con facilidade a espazos urbanos diversos.

Un punto limpo adaptado á túa cidade

Dous módulos,
infinitas posibilidades

Os módulos poden fixarse entre si polas súas tres cara, creando conxuntos sólidos, estables e seguros, capaces de resistir condicións climáticas adversas e un uso intensivo.

O sistema está pensado para optimizar o espazo urbano, maximizando a capacidade por metro cadrado e permitindo configuracións flexibles segundo as necesidades da contorna.

Personalización

Modular X permite personalizar completamente os seus elementos visuais:

  • Bocas configurables por cor e pictograma.
  • Caras laterais e traseiras dispoñibles para vinilado ou lacado con mensaxes institucionais, campañas de concienciación ou publicidade.

A súa estética neutra e sobria permite integrarse en calquera tipo de contorna urbana, minimizando o impacto visual e reforzando a coherencia co espazo público.

Sostibilidade real

En Natural Kube apostamos por solucións que reduzan o impacto ambiental desde o deseño.

Modular X está fabricado en aceiro inoxidable AISI 304 de alta resistencia (dispoñible tamén en AISI 316), apto para contornas urbanas esixentes, incluídas zonas costeiras.

Esta durabilidade permite alongar a vida útil do produto, reducindo residuos, recambios e mantemento.

Ademais, os contedores interiores poden fabricarse en plástico reciclado ou noutros materiais sostibles.

240 litros
120 litros
15 litros
75 litros

Gran capacidade e versatilidade

O sistema é compatible con contedores estándar de 240 l e 120 l, e poden integrarse tamén caixas para residuos especiais de entre 12 e 75 litros.

Isto permite configurar cada módulo segundo as necesidades específicas da contorna e cambiar as fraccións facilmente ao longo do tempo.

Exemplos de uso segundo capacidade:
240L: Roupa usada, aceite doméstico, envases contaminados…
120L: pequeños electrodomésticos, cápsulas de café, aerosois…
12-75 L: Pilas, cartuchos de tinta, lámpadas, fluorescentes…
Ideal para campañas específicas de recollida e optimización do espazo.

Accesibilidade universal

Comprensible e manexable por todas as persoas.

Pensado para ser inclusivo, Modular X cumpre cos criterios de accesibilidade cognitiva e física.

Todas as bocas de aportación están por debaixo de 1.2 metros.

Pictogramas deseñados segundo as pautas de accesibilidade urbana (Fundación ONCE).

Etiquetado en Braille para todas as fraccións.

Mantemento e seguridade

O sistema incorpora unha porta de apertura ancha e unha rampa de pendente suave para facilitar a extracción do contedor, reducindo o esforzo físico e mellorando a ergonomía.

Pode instalarse e retirarse mediante izado con guindastre, de forma individual ou conxunta.

Sistemas anti-furto integrados e opcionais por fracción.

Sistemas de ancoraxe ao chan contra os envorcos ou actos vandálicos.

Superficies reflectantes para unha maior visibilidade nocturna.

Especificacións técnicas

Modular X240

Modular X 120

Materiais exteriores

Aceiro inoxidable AISI 304 lacado en cor RAL personalizable.
Bisagra e pechadura en aceiro inoxidable.
Bocas en aluminio.
Orientación da porta personalizable.

Materiais interiores

Chapa de aceiro inoxidable AISI 304.
Contedor plástico de carga traseira segundo a norma UNE 840.

Queres máis información?

Contacta connosco